NORMATIVA DO REINO UNIDO/UE RELACIONADA

CO PROCESO DO BREXIT

Este documento proporciona unha visión xeral das lexislacións actualizadas en relación co impacto da retirada do Reino Unido do Mercado Único e a Unión Aduaneira da UE en diferentes áreas e sectores a partir do 1 de xaneiro de 2021.

Esta guía, pode servir como primeiro punto de referencia, proporcionando unha orientación xeral sobre os principais cambios lexislativos entre o Reino Unido e a UE. Con todo, dado que esta información é ampla e moi específica, para obter información máis detallada e precisa, debe poñerse en contacto coas súas autoridades nacionais e/ou consultar as directrices detalladas, que están dispoñibles sobre unha ampla variedade de temas no sitio web da Comisión. Esta información ofrécese en forma de ligazóns durante esta guía, xa dispoñible para descargar.

LeIs dO Brexit aprobadas

Ata a data, o Parlamento promulgou sete leis relacionadas
co proceso de saída da UE

– Lei da Unión Europea (Acordo de Retirada) de 2020. European Union (Withdrawal Agreement) Act 2020

– Lei da Unión Europea (retirada) de 2018. European Union (Withdrawal) Act 2018

– Lei de sancións e contra o blanqueo de capitais de 2018. Sanctions and Anti-Money Laundering Act 2018

– Lei de permisos de transporte e rexistro de remolques 2018. Haulage Permits and Trailer Registration Act 2018

– Lei de salvaguardas nucleares de 2018. NUCLEAR SAFEGUARDS ACT 2018

– Lei fiscal (comercio transfronteirizo) de 2018. Taxation (Cross-border Trade) Act 2018

– Lei de Asistencia Sanitaria (Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e Suiza) de 2019. Healthcare (European Economic Area and Switzerland Arrangements) Act 2019

– Lei de comercio 2021. Trade Act 2021

– Lei de agricultura 2020. Agriculture Act 2020

– Lei de pesca 2020. Fisheries Act 2020

– Lei de coordinación da inmigración e a seguridade social (retirada da UE) 2019-21. Immigration and Social Security Co-ordination (EU Withdrawal) Act 2020

– Lei sobre o benestar dos animais (condenas e recoñecemento da sensibilidade). Animal Welfare Act 2006

ProXectos de leI sobre O Brexit que se están tramitando NO Parlamento

Os seguintes proxectos de lei están en proceso de ser aprobados no Parlamento ou suxeitos a cambios ou emendas no marco do Acordo de Cooperación Comercial (Trade Cooperation Agreement TCA polas súas siglas en inglés)

– Proxecto de lei de medio ambiente 2019-21. Environment Bill – Parliamentary Bills – UK Parliament. O borrador do proxecto de lei baseouse nunha emenda engadida na Lei da UE (retirada) de 2018. A emenda abordaba a preocupación pola perda dos principios ambientais establecidos e os mecanismos de gobernanza da UE tras o Brexit. Actualmente está a ser tramitada no “House of Lords”.

– Proxecto de lei de servizos finaneiros (aplicación da lexislación) [HL] 2017-19. Financial Services (Implementation of Legislation) Bill [HL] – Parliamentary Bills – UK Parliament. A maior parte da regulación dos servizos financeiros faise actualmente a nivel da UE. O proxecto de lei de servizos financeiros permitirá introducir na lexislación británica disposicións correspondentes ou similares á próxima lexislación de servizos financeiros da UE. Actualmente está a ser tramitada no “House of Commons”.