Oficina Brexit e apoios á internacionalización das Pemes
8 de Marzo do 2021 > 10:30 - 11:45
Xornada en colaboración coa Confederación de Empresarios de Pontevedra, co obxectivo de coñecer de primeira e presentar os servizos da Oficina Brexit e a nova antena da Xunta en Londres e tamén os apoios á internacionalización das pemes. Neste encontro contaremos coa presenza do Vicepresidente segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, o Presidente da CEP, Jorge Cebreiros, o Director Xeral do Igape, Fernando Guldrís e representantes da Antena da Xunta de Galicia en Londres.
Programa|
10.30h | Benvida e Presentación.
Jorge Cebreiros Arce
Presidente da CEP
10:40h | Oficina Brexit: Antena Xunta de Galicia en Londres.
Francisco Conde
Vicepresidente segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación
11:00h | Servizos antena Xunta de Galicia.
Karen Robb e José R. Cuervo Díaz del Río
Grant Thornton UK LLP. Representantes Antena Xunta de Galicia en Londres
11:20h | Xunta de Galicia: Apoios á internacionalización das pemes.
Fernando Guldrís
Director Xeral do Igape
11:30h | Rolda de intervencións e peche.
Tralo rexistro, recibirá un correo electrónico de confirmación co enlace para unirse ó seminario a través de Zoom.