Que controis sanitarios e fitosanitarios deben pasar os produtos agroalimentarios exportados a Reino Unido dende a UE?

Os controis que se aplicarán ás mercadorías da UE serán, en gran medida, equiparables aos que se aplican actualmente ao resto do mundo, polo que xa existe certa visibilidade do que significarán na práctica.

Na actualidade, é preciso que a partida inclúa un Certificado Oficial Fitosanitario ou Veterinario, pero gradualmente introduciranse modificacións ó respecto:

  • A partir de abril de 2021, os produtos desta categoría que cheguen á fronteira británica serán sometidos aos correspondentes controis sanitarios e fitosanitarios e deberán presentar a documentación relativa
  • Dende xullo de 2021, deberán ser exportados a través dun dos postos designados de control fronteirizos.

Nesta ligazón podes atopar a información actualizada polo Goberno do Reino Unido, e tamén pode ser de axuda a súa guía interactiva, na que inclúen os pasos a seguir para exportar ó RU dende UE: The Border with the European Union.

Categorías: Coñecemento.