Oficina Brexit e apoios á internacionalización das Pemes
Xornada en colaboración coa Confederación de Empresarios de Pontevedra, co obxectivo de coñecer de primeira e presentar os servizos da Oficina Brexit e a nova antena da Xunta en Londres e tamén os apoios á internacionalización das pemes. Neste encontro contaremos coa presenza do Vicepresidente segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, o Presidente da CEP, Jorge Cebreiros, o Director Xeral do Igape, Fernando Guldrís e representantes da Antena da Xunta de Galicia en Londres. Programa| 10.30h | Benvida e Presentación. Jorge Cebreiros Arce Presidente da CEP 10:40h | Oficina Brexit: Antena Xunta de Galicia en Londres. Francisco Conde Vicepresidente segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación 11:00h | Servizos antena Xunta de Galicia. Karen Robb e José R. Cuervo Díaz del Río Grant Thornton UK LLP. Representantes Antena Xunta de Galicia en Londres 11:20h | Xunta de Galicia: Apoios á internacionalización das pemes. Fernando Guldrís Director Xeral do Igape 11:30h | Rolda de intervencións e peche. Inscríbete aquí Tralo rexistro, recibirá un correo electrónico de confirmación co enlace para unirse ó seminario a través de Zoom. Descarga o programa


