O Servizo de Declaración Aduaneiro (CDS, en inglés “Customs Declaration Service”) é o novo sistema electrónico para a xestión dos procesos de declaracións aduaneiros do goberno británico. O CDS substituirá o sistema de xestión aduaneira de importación e exportación de cargas (CHIEF[1], en inglés “Customs Handling of Import and Export Freight”), que deixara de funcionar o día 31 de marzo de 2023.
Existen diferencias notables entre como se realizan as declaracións no Servizo de Declaración Aduaneiro en comparación a como se realizan actualmente no CHIEF. A seguinte lista detalla as principais diferencias que se poden encontrar á hora de facer declaracións no CDS en comparación co CHIEF.
Como funciona o CHIEF | Como funciona o CDS | Cal é a diferencia? |
Código Aduaneiro Comunitario. | Código Aduaneiro da Unión. | Soporte papel vs. procesamento de datos. |
Modelos en papel con apartados multiuso. | Elementos de datos de uso único. | Os requisitos de cumprimentación para unha declaración CHIEF están orientados para ser completados en papel (a distribución e o formato son distintos). |
As normas de funcionamento están determinadas por Códigos de Procedemento Aduaneiro (CPCs,) para cada tipo de declaración, por exemplo, as declaracións simplificadas teñen diferentes CPCs a unha declaración complementaria. | As normas de funcionamento están determinadas por un conxunto de datos, non Códigos de Procedemento. Os mesmos Códigos de Procedemento son utilizados para todos os CDS de calquera tipo. | O Código de Procedemento sempre é idéntico no CDS independentemente do tipo de declaración realizada. O mesmo código utilizase tanto para as declaracións simplificadas, ordinarias ou complementarias. |
Sistema marco único. | Pluralidade de compoñentes para unha única tarefa. | O CHIEF é unha Plataforma única, mentres que a plataforma CDS foi construída cunha serie de compoñentes que intercambian mensaxes entre distintos módulos. |
Linguaxe de mensaxería EDIFACT. | Linguaxe de mensaxería XML. | Os provedores de software terán que cambiar a linguaxe de sotfware así como realizar cambios na información. |
Códigos de Procedemento Aduaneiro (CPCs) fixos de 7 códigos. | Código de Procedemento individual de 4 díxitos combinado con ata 99 Códigos Adicionais de Procedemento (APCs) de 3 díxitos. Pódense aplicar varios códigos de 3 díxitos para un único ben, sendo importante seleccionar todos os APCs aplicables os bens e non quedarse unicamente co primeiro que se identifique. | Non existe unha correlación directa entre os CPCs do CHIEF e os Códigos de Procedemento e os APCs do CDS. Existen múltiples combinacións intercambiables dependendo das circunstancias. |
68 casillas en cada modelo de Documento Único Administrativo (SAD, equivalente ao DUA), con subseccións utilizadas para as importacións e as exportacións. | Introdúcense novos elementos de datos no CDS para seccións de datos UCC: 91 elementos de datos utilizados tanto para importacións como para exportacións. En lugar dunha única serie de casillas para todos os tipos de declaración, existen diferentes tipos de datos para cada tipo. Hai un conxunto de 76 elementos de datos para importacións e 65 elementos de datos para exportacións, dependendo dos bens que se estean consignando. | Dependendo da categoría de declaración seleccionada, aqueles que declaren utilizando o CDS terán que cubrir todos os elementos de datos que se lle requiran. |
Utilizase unha única casilla para informar de varios datos en CHIEF. | As casillas están divididas en varios elementos de datos en CDS. Cada un utilizase individualmente, para un dato concreto. | Tres casillas en CHIEF poden chegar a equivaler a 17 elementos de datos individuais en CDS. |
Utilizase un único modelo SAD (C88) para varios propósitos. | Hai 17 grupos de datos diferentes. | Se os declarantes non seleccionan o grupo de datos correctos, a declaración dará erro. |
Moitas casillas permitían consignar calquera tipo de texto. | A maior parte dos elementos de datos están restrinxidos a un código formateado, excepto o nome e a dirección. | A lista de códigos non é a mesma para CHIEF que para CDS. O declarante debe elixir o código correcto ou a declaración dará erro. |
[1] N.T.: As siglas conforman a palabra “XEFE” en inglés.