Cales son os erros máis comúns que se poden atopar as entidades á hora de presentar declaracións aduaneiras a través do Servizo de Declaración Aduaneira (CDS, Customs Declaration Service) e como solucionalos?

A continuación, detallámosvos unha lista dos erros coñecidos co CDS e as solucións necesarias:

Rexistro ID do erro Descrición Categoría Código do erro Erro coñecido Solución vixente
039 Obrigación  incorrecta de referencias de garantía Referencias de garantía CDS12056 Actualmente, o CDS obriga que cada referencia de garantía declarada no DE 8/3 debe ir aparellada dun código tipo de garantía no DE 8/2. O Volume 3 de instrucións arancelarias establece que o DE 8/2 ten un número máximo de elementos de 9, mentres que o DE 8/3 de 99. Para permitir que se poidan declarar os 99 elementos no DE 8/3, incrementouse temporalmente o número de elementos do DE 8/2 tamén a 99. Os declarantes deberán aparellar cada elemento no DE 8/3 co seu correspondente código do DE 8/2, a pesar do que establezan os límites no código de aranceis do CDS.
239 Obrigación incorrecta no “país de orixe” e “país preferente de orixe” Erro de procesamento CDS12070 Cando se declaran documentos ALVS no DE 2/3 relativo a unha declaración de importación de bens, obrígaselle a introducir un país de orixe no DE 5/15. Non obstante, cando a declaración tamén inclúe unha porcentaxe de cota preferente, tamén se lle obriga incorrectamente a introducir un país preferente de orixe no DE 5/16. Ata que se arranxe, os declarantes terán que consignar tanto un país de orixe como un país preferente de orixe.
293 Obrigación incorrecta de declaracións complementarias SDE Medidas CDS12056 O CDS está a obrigar de forma incorrecta a cumprimentar SDE por cada ben para todas as declaracións complementarias SDP (DE 1/2, código Y) cando debería aceptar directamente o código tanto por categoría como por ben. Para evitar o rexeitamento da declaración de forma incorrecta, os declarantes deberán cumprimentar o SDE polo menos unha vez por cada ben en todas as declaracións de tipo Y.
363 Ausencia de notificacións para a obriga de introducir  garantías. Avisos / mensaxes de notificación CDS12070 Cando non se cumprimentan a referencia IDE da obrigación de garantía e a IDE doutras referencias de obrigación de garantía, o CDS non envía unha notificación. Para evitar que non se nos notifique, os declarantes deberán cubrir tanto a casa de referencia da garantía como a referencia doutras garantías.
395 Obrigación incorrecta dun indicador de valoración nas declaracións H4.

 

REJ no lugar de ACC CDS12070 A guía de cumprimentación aduaneira para as declaracións H4 obriga a introducir un indicador de valoración nas declaracións H4 unicamente cando se utiliza o código F44 no DE 1/11, pero o sistema CDS tamén solicita o indicador de valoración DE 4/13  en todas as declaracións H4 que estean a utilizar o método de valoración 1. Os declarantes terán que consignar un indicador de valoración “0000” en todas aquelas declaracións H4 que utilicen o método de valoración 1, independentemente de se inclúen o código F44 do DE 1/11 ou non.
440 Previsión de códigos adicionais do  TARIC incompletos Avisos / mensaxes de notificación N/D Cando o CDS atópase un ou varios códigos do TARIC sen introducir, ofrecerá unha lista incompleta dos códigos previstos para que sexan introducidos no DE 6/16. Os declarantes deberán acudir á lista dos códigos de mercadoría prevista nos Aranceis en liña para identificar o código adicional do TARIC (DE 6/16) que resulte de aplicación aos bens.
444 Axuste BC no DE 4/9 que deriva nun cálculo do VAT incorrecto para as declaracións de importación.

 

Cálculos N/D Agora mesmo o CDS lanza un resultado incorrecto no VAT calculado para as importacións co incoterm DDP cando se fai un axuste BC no DE 4/9. Para evitar erros de cálculo, os declarantes terán que:

– Completar o DE 4/1 de acordo co Volume 3 das instrucións arancelarias consignando DDP e o UN/LOCODE para a dirección.

– Non introducir ningún tipo de axuste BC no DE 4/9.

– Eliminar o importe arancelario dos bens no DE 4/14 (basicamente, eliminar o importe arancelario que se introduciu no DE 4/9 contra o axuste BC).

Categorías: Coñecemento.