Como afecta o Acordo ós viaxeiros?

Para viaxar entre o RU e España, e viceversa, os pasaxeiros deberán estar provistos do seu pasaporte en vigor. Dende o 1 de xaneiro, ademais os cidadáns británicos deberán xustificar o fin e as condicións da estancia, e dispoñer de medios de subsistencia suficientes. Estarán exentos de visado salvo se queren permanecer máis de 90 días nun período de 180 días.

Tamén é importante ter en conta que a tarxeta sanitaria Europea (TSE) continuará sendo válida ata a data de caducidade, e con posterioridade, o RU a substituíra por unha nova tarxeta de Seguro Médico Global (GHIC), aínda que non existe información adicional sobre como obtela e deberán contactar previamente coa institución británica correspondente para coñecer mais detalles. Para os viaxeiros españois continuará sendo válida a Tarxeta Sanitaria Europea.

En canto ó permiso de condución, só será válido durante un período de 6 meses, ó igual que cos permisos expedidos en terceiros países, salvo que España e Reino Unido alcancen un acordo bilateral posterior.

Categorías: Coñecemento.