Como saber se unha actividade económica está establecida no Reino Unido en materia aduaneira?

Unha persoa ou entidade debe estar establecida no Reino Unido para cumprir unha serie de normas aduaneiras. Isto inclúe a capacidade de obter unha ampla gama de autorizacións aduaneiras e simplificacións, por exemplo:

  • unha autorización para procedementos especiais
  • realización de declaracións aduaneiras simplificadas
  • autorización de Operador Económico Autorizado (AEO, Authorised Economic Operator)
  • unha garantía aduaneira ampla

 

Que se entende por “establecido”:

Persoa física

Un individuo está establecido no Reino Unido cando ten unha residencia ou reside habitualmente no Reino Unido. Por exemplo, vive no Reino Unido polo menos 183 días dentro do ano natural.

Empresas ou entidades

Unha empresa está establecida no Reino Unido se está constituída na Companies House (o equivalente británico ao Rexistro Mercantil).

Unha entidade limitada ou de responsabilidade limitada está establecida no Reino Unido se está rexistrada na Companies House.

Se unha entidade non está constituída ou rexistrada no Reino Unido, poden establecerse no Reino Unido se teñen neste un lugar fixo de negocios onde realicen as súas actividades económicas.

Proba de establecemento

As entidades poden ser requiridas para que aporten a proba do seu establecemento no Reino Unido.

A dita proba pode consistir en:

  • unha proba de residencia habitual no Reino Unido
  • un certificado de constitución emitido pola Companies House
  • o detalle das actividades económicas e onde se levan a cabo
  • o detalle da localización do persoal contratado e do traballo que realizan
  • as instalacións físicas das que é titular o arrendatario
  • o detalle de contratos, pedidos ou facturas recibidas ou emitidas pola actividade económica
  • una proba de que a entidade ten a súa propia contabilidade

Se unha entidade ten unha identificación do VAT británico ou do EORI (Economic Operator Registration and Identification) británico, non implica necesariamente ou proba de forma suficiente que se estea establecido no Reino Unido.

Categorías: Coñecemento.