O 22 de setembro de 2022, a HMRC (a Administración tributaria británica, Her Majesty Revenue & Customs) publicou unha serie de vídeos sobre temas diversos relativos ao CDS (Servizo de Declaración Aduaneira, Customs Declaration Service):
- como configurar instrucións de Pago Directo
- o proceso para declaracións de importación simplificadas, complementarias e extemporáneas
- declaracións de importación aduaneiras para bens controlados que se importen na Gran Bretaña (Inglaterra, Gales e Escocia) desde a Unión Europea.
Os vídeos están dispoñibles na seguinte ligazón:
https://www.youtube.com/playlist?list=PL8EcnheDt1ziBi8oID_QmjGifDVAAZUpp