Como afecta o acordo ós produtos producidos na UE con contido da GB?

O contido procedente da GB (tanto material como operacións de procesamento) converterase en “non orixinario” ao determinar a orixe preferente de mercadorías no comercio da UE con países baixo arranxos preferentes. Polo tanto, os bens producidos na UE con contido da GB non se considerarán orixinarios da UE. Como tal, non poderán beneficiarse dos acordos comerciais preferentes que a UE ten con outros terceiros países. Os exportadores da UE deberán reevaluar as súas cadeas se queren evitar que isto suceda.

Para manter o seu status de orixe preferente, as mercadorías comercializadas baixo o réxime preferente da UE con acordos de arranxos distintos ao da GB, que transitan polo RU, tamén deben cumprir cos requisitos relacionados co transporte directo/non manipulación, que están contidos neses acordos preferentes da UE.

Categorías: Coñecemento.