O Goberno Británico anunciou que o actual réxime aduaneiro para as mercadorías que circulan dende Irlanda e Irlanda do Norte cara Gran Bretaña prorrogarase mentres duren as conversas entre o Reino Unido e a UE sobre o funcionamento do Protocolo de Irlanda do Norte.
Isto significa que o 1 de xaneiro de 2022 introduciranse controis aduaneiros completos, tal e como estaba previsto, para as mercadorías que circulen entre a UE e Gran Bretaña, excepto as procedentes de Irlanda.