Que pasará coas mercadorías en tránsito?

O Reino Unido utilizará o Convenio de Tránsito Común (CTC) despois do final do período de transición. O CTC é unha facilidade que pode proporcionar beneficios os comerciantes ao permitir que algúns procesos aduaneiros se realicen fóra da fronteira. Os comerciantes só terán que realizar as declaracións de aduana e pagar os dereitos de importación ao chegar ao seu destino final. A UE tamén é membro da CTC.

Requisitos:

Os comerciantes que transportan mercadorías en tránsito deben proporcionar unha garantía para asegurar calquera dereito de aduana, o IVE de importación e os impostos especiais suspendidos durante o movemento de tránsito. As empresas que utilizan o tránsito deben solicitar unha autorización para utilizar unha garantía integral de aduanas (Customs Comprehensive Guarantee – CCG) e obter unha garantía dun banco ou outra institución financeira.

Categorías: Coñecemento.