Debese solicitar autorización para unha conta de aprazamento de pago de impostos (duty deferment account) para pagar estes dereitos a través dunha domiciliación bancaria mensual, incluso se os bens non están suxeitos a impostos ou aranceis. Isto é necesario, aínda que se traballe cun intermediario aduaneiro.
Tamén se debe solicitar autorización para operar con declaracións simplificadas de importación para poder enviar as declaracións complementarias ata 6 meses despois.
Para presentar as declaracións utilizarase o sistema CHIEFF: Custom Handling of Imports and Export Freight. Deberase solicitar acceso a este sistema e mercar un software específico para poder enviar as declaracións.