Co fin de manter a relación comercial entre ambos paises, acordouse o libre comercio sen aranceis ou contingentes aplicados ós produtos, con mecanismos reguladores e de cooperación aduaneira.
No Acordo de Comercio e Cooperación, ademáis de prever os compromisos precisos para a inexistencia de aranceis, tamén limita as tasas que se poidan cobrar nas aduanas polos servizos prestados e inclue varias disciplinas que van mais aló dos habituais compromisos da Organización Mundial do Comercio.
Ainda así, o comercio será moi diferente ós periodos anteriores, particularmente:
- Aplicanse normas de orixe ás mercancías para que poidan acollerse ás condición de trato preferente,
- as importacións atopanse suxeitas a trámites aduaneiros e deben cumprir a normativa da Parte importadora.
- e todalas importacións da UE deben cumprir ademáis toda a normativa da UE e estarán suxeitas a controis reglamentarios e controis en materia de seguridade, saude e outros fins de interese público.
Nesta ligazón podes atopar a información actualizada polo Goberno de España por sectores e temáticas.