Cales son os requisitos da etiquetaxe dos produtos agrícolas comercializarse no Reino Unido ?

Nome e dirección da empresa responsable da información alimentaria: FBO -Food business operator- establecida na GB:

– Ata o 30 de setembro, 2022: dirección UE, GB ou NI do FBO.
– A partir do 1 de outubro, 2022: dirección UK do FBO ou dirección do importador no UK.
– Alimentos vendidos no NI: segue as regras da UE.

Nome legal do alimento que se comercializa.
– Alguns alimentos teñen descricións reservadas.
Data de consumo preferente ou de caducidade (ou instruccións onde atopala).
– Aviso sobre ingredientes que poidan causar alerxias ou intolerancias.
Peso neto.
– Lista de ingredientes se hai máis dun. Declaración cuantitativa (QUID).
País de orixe, cando sexa necesario.
– O número de lote.
– Calquera condición especial de almacenado ou conservación.
Instruccións para o seu cociñado, se é necesario.

– Declaración de propiedades nutricionais: indica propiedades nutricionais beneficiosas como “baixo en graxas ou “alto en fibras”.

– Declaracións de propiedades saudables: indica que o consumo dun determinado alimento pode reportar beneficios para a saúde, como “axuda a fortalecer os ósos”. A partir do 1 xaneiro 2021, só poden usarse as enumeradas no Rexistro NHC da GB:

-Se desexa que unha nova declaración sexa autorizada, para o seu uso na GB, debe enviar a solicitude a Rexistro GB NHC.
-Solicitar un reclamo para o seu uso no mercado da GB a través de DHSC. As autoridades agréganse ao Rexistro GB NHC.

Ámbalas dúas deben cumprir: condicións xerais do regulamento CE nº 1924/2006, as condicións de uso especificadas no Regulamento, os requirimentos da etiquetaxe nutricional do Regulamento e estar baseadas en evidencias científicas.

Categorías: Coñecemento.