O acordo alcanzado entre Reino Unido e a UE inclúe o recoñecemento da equivalencia das respectivas lexislacións sobre produción orgánica, o cal facilitará o comercio deste tipo de produtos. Non obstante, e a pesar deste acordo, a partir do 1 de xaneiro de 2021, os produtos ecolóxicos importado dende Reino Unido serán controlados no momento de importación. Os operadores deberán presentar ante o Servizo de Inspección SOIVRE das Direccións Territoriais e Provinciais de comercio a correspondente solicitude de control e o certificado de orixe electrónico (COI) deberá estar rexistrado en TRACES.
Podes atopar información mais detallada premendo nesta ligazón.