En qué condicións poderán os proveedores de servizos da UE exercer a súa actividade no RU e viceversa?

Os provedores de servizos do RU perderán o seu dereito automático a ofrecer servizos na UE e, é posible
que necesiten establecerse na UE para seguir exercendo a súa actividade. En calquera caso, deben
cumprir as normas de cada estado membro de acollida, dado que xa non se beneficiarán do enfoque do
país de orixe ou do réxime de pasaporte, segundo o cal as autorizacións expedidas por un Estado membro
de conformidade coas normas da UE permiten o acceso a todo o mercado único.

O nivel real de acceso ao mercado dependerá da maneira en que se presta o servizo: se se presta de forma
transfronteiriza desde o país de orixe do provedor; se se presta ao consumidor no país do provedor; se se
presta a través dunha empresa establecida localmente que pertence ao provedor de servizos estranxeiro
ou a través da presenza temporal no territorio doutro país por un provedor de servizos que é unha persoa
física.

Categorías: Coñecemento.