De cara a facilitar as relacións comerciais estableceuse:
- Simplificar os requisitos de certificación: Os produtores de viño poderán autocertificar a conformidade e a calidade dos seus produtos vitivinícolas.
- Establecer principios comúns respecto ó etiquetado, de cara a facilitar a información ós consumidores.
- Aceptar de forma común a importación de produtos elaborados segundo os criterios e prácticas enolóxicas de cada pais, sempre e cando cumpran as prácticas enolóxicas recomendadas pola Organización Internacional da Viña e do Viño (OIV).
- Facilitar o comercio e o intercambio de información e cooperación en cuestións vitivinícolas.